Sun Drive, a memoria USB con cargador solar

xoves, 13 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O fabricante surcoreano Zyrus presentou onte unhas memorias USB que integran un panel solar. Deste xeito, grazas ao Sun Drive poderán cargarse teléfonos móbiles, reprodutores de MP3 e moitos outros trebellos á vez que temos unha unidade de almacenamento con capacidades de entre 2 e 16 Gb, anunciándose xa o prezo da unidade de 4 Gb, que custará 39.800 wons (22,34 euros).
Este pequeno dispositivo podería achegar enerxía para entre 90 e 100 minutos de conversa co móbil (ou entre 25 e 35 horas en espera), polo que sería un produto interesante para casos de emerxencia, xa que o seu prezo non é moi elevado, aínda que no mercado xa existe unha ampla diversidade de cargadores solares a prezos reducidos, pero o feito de poder integralos en dispositivos con máis utilidade mellora o seu atractivo.

PUBLICIDADE