Super Mario Bros. arrasa na súa estrea cinematográfica

luns, 10 de abril do 2023 Marcus Fernández

A pasada fin de semana foi histórica para a relación entre os mundos do cine e dos videoxogos, xa que estrouse na grande pantalla a adaptación cinematográfica de Super Mario Bros., froito da colaboración de Nintendo e Illumination (Universal), sumando unha recadación de 375,6 millóns de dólares a nivel mundial, converténdose no meirande lanzamento da historia dunha adaptación dun videoxogo e incluso dunha película de animación.
O filme incluso conseguiu converterse en todo un símbolo da separación entre crítica e público, xa que en Rotten Tomatoes ten unha puntuación do 57% na crítica e do 96% da audiencia, deixando claro que non estamos ante o que podería considerarse unha grande película, senón ante un fenómeno que responden á forza dunha franquía que soubo manterse viva durante décadas facendo que agora sexa moi popular entre un público cun rango de idades moi amplo.
O bo resultado económico de Super Mario Bros. chega xusto despois do grande éxito da adaptación televisiva de The Last of Us, polo que estamos ante o que podería ser a idade de ouro das adaptacións de videoxogos ou, cando menos, nun momento no que as adaptacións realízanse cun mínimo de coidado, afastándose de filmes como os dirixidos por Uwe Boll (House of the Dead, Alone in the Dark, BloodRayne, Far Cry, Rampage...), que case fan crónica a condición de serie B das producións cinematográficas baseadas en videoxogos.
Tamén é bastante probable que o lanzamento da película de Mario faga que os seus videoxogos incrementen as súas vendas, algo que a priori pode parecer difícil, xa que son poucas as consolas Nintendo Switch que non contan cunha copia dun Mario Kart 8 Deluxe ou dun Mario Odyssey.

Tráiler da película

PUBLICIDADE