Super Mario Galaxy 2 sairá no verán

mércores, 24 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Os afeccionados a xogar coa Wii lamentarán os últimos anuncios de Nintendo en Australia, onde confirmaron que os agardados xogos Super Mario Galaxy 2 e Metroid: Other M chegarán ao mercado entre os meses de xuño e agosto deste ano, o que supón un retraso con respecto ao que agardaban moitos (distintos medios aseguraban que o novo xogo de Mario chegaría ás tendas o mes que vén).
Resulta algo curioso que Nintendo decida lanzar títulos que poderían ter certo éxito durante os meses do verán, o que parece indicar unha confianza absoluta da compañía nos mesmos, pois non esquezamos que os supervendas para Wii manteñen as súas fortes vendas durante moitos meses, afastándose bastante do comportamento que teñen os títulos para outras plataformas (que tenden a concentrar as súas vendas nos 2 primeiros meses de vida).

Metroid: Other M tamén podería saír no verán

ACTUALIZACIÓN: Confirman que Super Mario Galaxy 2 venderase nos EE.UU. a partires do 23 de maio e Metroid: Other M verá a luz o 27 de xuño. En Europa, en cambio, teremos que agardar ao 11 de xuño para ver o Super Mario Galaxy 2 e ao terceiro trimestre do ano para ver o Metroid: Other M.
O xogo de Mario tamén estrea trailer:

PUBLICIDADE