Super Meat Boy chegará a iOS totalmente renovado
luns, 2 de abril do 2012O xogo independente Super
Meat Boy, deseñado por Edmund McMillen e Tommy Refenes (responsables do
xogo en Flash Meat Boy no que se inspiraron)
e desenvolvido polo Team Meat, conseguiu un grande éxito para Xbox 360,
Windows, Mac OS X e Linux, e para poder continuar a aproveitar este concepto de
xogo de quebracabezas nas que a habilidade e a perseveranza son chave para
superar os seus moitos niveis, están a adaptalo a dispositivos móbiles con pantalla
táctil, o que estará moi lonxe de ser unha conversión, senón que será un tÃtulo
totalmente novo que chegará
inicialmente a iOS como Super Meat: Boy:
The Game.
Dende Team Meat decidiron proceder deste xeito ante a imposibilidade de adaptar
o preciso control do xogo orixinal a pantallas táctiles, e para evitar que a
versión móbil de Super Meat Boy fose
dunha calidade inferior, adaptarán os retos que terá que superar un pequeno
anaco de carne para salvar á súa parella. O xogo non só terá unha nova
xogabilidade, senón que tamén renovará os seus gráficos e son, ou sexa, que
será totalmente novo, o que de seguro que agradecerán os seareiros de tal
carismático personaxe, pois asà a nova entrega achegará unha experiencia
indédita.