Super Street Fighter II Turbo HD Remix porase á venda antes de rematar o ano

mércores, 17 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Moitos xogos coma Duke Nukem Forever se anuncian e non rematan de chegar ao mercado, e parecía que o remake do clásico arcade Super Street Fighter II Turbo que se adaptaría ás consolas de alta definición (sen buscar un resultado coma o do Street Fighter IV) como moitos outros xogos de éxito nos servizos de descargas da Xbox 360 e a PS3 ía seguir o mesmo camiño despois de que durante unha fase de probas do xogo para Xbox 360 aparecesen toda unha chega de fallos que non parecían estar a solucionarse, pero finalmente durante unha entrevista a Rey Jiménez, produtor asociado do xogo, confirmouse que Super Street Fighter II Turbo HD Remix verá a luz antes de rematar o ano.
Na actualidade están a pulir os fallos detectados no xogo, polo que case se trata dun produto rematado, de xeito que en breve poderían anunciar a data definitiva de lanzamento deste agardado xogo.

PUBLICIDADE