SuperJuegos Xtreme poderÃa deixar os quioscos
xoves, 15 de xaneiro do 2009- Portada do número 192 de SuperJuegos Xtreme
A revista norteamericana de
videoxogos EGM deixou os quioscos este mes por mor da perda de
audiencia na súa edición en papel, xa que o seu público obxectivo tira agora da
Internet para informarse do último do sector do lecer electrónico
interactivo, o que tamén parece que está
a pasar en España onde, aÃnda que nacese unha publicación do
sector hai pouco, e son incesantes os rumores de peche para a revista SuperJuegos
Xtreme, que deberÃa
ter xa nos quioscos o seu número 193, e que parece estar demorándose
nun momento no que a súa editora, o grupo Zeta, que está
en plena negociación un Expediente de Regulación de Emprego.
Esta baixa deixarÃa nos quiosco con 3 revistas de videoxogos independentes das
plataformas de xogo (pois coexisten con distintas revistas oficiais), que serÃan Hobby
Consolas, a nova Marca Player e a
británica EDGE, podendo
estar esta última tamén nunha situación delicada en España.
Vemos asà como nun momento nos que os videoxogos están a gañar forza no
mercado, cun volume de negocio sen precedentes, as publicacións impresas que os
tratan teñen problemas en seguir adiante ante a crise publicitaria e a fuxida
de lectores á Internet, medio no que os xogos tamén atopan apoio audiovisual
para completar as súas informacións, o que agradecen os consumidores que non
queren mercar caros xogos a cegas.