Surface Go, a nova tableta lixeira e económica de Microsoft
martes, 10 de xullo do 2018
A familia de equipos Surface de Microsoft recibe hoxe ao seu
último integrante, que presume de ser o máis portátil e asumible, a Surface
Go, que é unha tableta que partindo dun prezo de 399 dólares (449 euros en España) afástase amplamente dos 949 euros dos que parte o Surface
Pro.
A Surface Go é, en esencia, unha tableta máis da familia Surface, que reduce a
súa pantalla até as 10 polgadas, que pesa só 520/770 gramos (sen/con teclado) e
ten un grosor de 8,3 milÃmetros, de xeito que achegarÃase á categorÃa de
produto na que reina o iPad, coa grande diferenza de que este equipo funciona
con Windows 10, ou sexa, que é un ordenador completo.
A nova tableta mantén a relación de aspecto 3:2 (cunha curiosa resolución de
1.800 x 1.200 pÃxeles), pode empregarse cun Surface Pen (con 4.096 niveis de
presión) e, como principal concesión, temos que o seu procesador é un Intel
Pentium Gold 4415Y de sétima xeración, o que permÃtelle adoptar un deseño sen
ventiladores e conseguir unha autonomÃa de até 9 horas de duración, aÃnda que
cunha potencia que só serÃa dabondo para tarefas do dÃa a dÃa (pero non para un
uso esixente).
A Surface Go tamén conta coa posibilidade de equiparse cunha tÃpica funda con teclado
e trackpad, mentres que para manter unha posición de portátil sobre a mesa aproveita unha peaña integrada na propia
tableta. Tamén pode completarse con outros accesorios como o novo Surface
Mobile Mouse (rato compacto comercializado en cores que casan co novo equipo).
O equipo ten tamén un porto USB-C (para carga, saÃda de vÃdeo e transferencia
de datos), lector de tarxetas microSD (de até 1 TB), Surface Connect, toma de
auriculares, cámaras de 8 e 5 MpÃxeles (esta última compatible con Windows
Hello para desbloquear o equipo con recoñecemento facial), Bluetooth 4.1 e
Wi-Fi AC.
Chegará ao mercado en agosto, con versión con 4/8 GB de RAM e 64 GB de eMMC ou 128/256
GB de SSD, e confÃase en que antes de rematar o ano teña tamén dispoñible
versións con conectividade móbil 4G.
Estas novas tabletas parecen querer enfocarse ao público educativos e familiar,
asà como a usuarios que simplemente queren cargar cun equipo informático lixeiro,
aÃnda que cómpre lembrar que o seu prezo só inclúe a tableta, xa que o teclado
e o lapis dixitalizador véndense por separado (ao igual que tamén acontece cos
iPad de Microsoft).
VÃdeo de presentación das tabletas Surface Go