Surface Laptop SE, o portátil barato de Microsoft para uso educativo
mércores, 10 de novembro do 2021
Nos últimos meses a educación viviu numerosos cambios e
Microsoft quixo abordar esta transformación adaptando o seu sistema operativo e
os seus equipos, polo que presentan
Windows 11 SE e o Surface Laptop SE, solucións destinadas claramente ás
aulas conectadas de educación primaria.
O máis rechamante desta proposta de Microsoft é que os equipos Surface Laptop
SE parten dun prezo de 249 dólares, aÃnda que tamén adiantan que marcas como
Acer, Asus, Dell, Dynabook, Fujitsu, HP, JP-IK, Lenovo e Positivo tamén
comercializarán nos vindeiros meses equipos semellantes que tamén funcionarán
con Windows 11 SE.
Windows
11 SE é unha versión de Windows orientada a educación, centrándose nun
contorno sen distraccións (as aplicacións corren a pantalla completa), tirando
proveito de aplicacións de Microsoft 365 (con 1 TB de almacenamento na nube),
que funcionarán en liña e fóra de liña, ou sexa, que cando os equipos se leven
fóra da aula as aplicacións continuarán a funcionar sen problema, sincronizándose
coa nube os traballos realizados cando os equipos volvan conectarse nas
instalacións educativas.
Este sistema operativo tamén está aberto a aplicacións de terceiros (como Zoom
ou Google Chrome) para que as entidades educativas poidan elixir con liberdade
as solucións que queren empregar. E de cara aos administradores de sistemas os
equipos tamén poden xestionarse con grande facilidade, estando sempre
actualizados e respectando as normas establecidas para un uso seguro,
conseguido en boa medida pola imposibilidade de que os usuarios instalen
aplicacións (xa que tal privilexio será só dos administradores de sistemas).
O Surface
Laptop SE chega como o equipo da gama Surface máis económico, cunha
pantalla de 11,6 polgadas, cámara web 720p e altofalantes estéreo, cun deseño
orientado a que elementos como a pantalla, a baterÃa, o teclado ou a placa base
poidan substituÃrse con certa facilidade, co conseguinte aforro en tempo e
cartos para as entidades educativas. O equipo funciona cun procesador Intel
Celeron, pode equiparse con 4/8 GB de RAM e 64/128 GB de almacenamento interno
(eMMC), conta con Wi-Fi AC e Bluetoth 5.0 LE, pesa 1,112 quilogramos e a súa
baterÃa achégalle unha autonomÃa de até 16 horas de uso, deixando claro que non
é un equipo de grande potencia, pero que si resulta óptimo para os usos aos que
está orientado.
VÃdeo de presentación do novo Surface Laptop SE