Susana Ladra impartirá un obradoiro sobre algoritmos e secuencias biolóxicas na Universidade de Concepción de Chile

venres, 5 de agosto do 2022 S. P.

A investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña Susana Ladra impartirá do 16 ao 19 de agosto o obradoiro Algoritmos para o aliñamento e ensamblaxe de secuencias biolóxicas, organizado pola Facultade de Enxeñería da Universidade de Concepción (Chile).
No obradoiro introduciranse algoritmos e estruturas de datos comunmente utilizados no ámbito da bioloxía computacional para a resolución de problemas típicos na área, como poder ser a comparación de secuencias, a procura de motivos e a ensamblaxe de xenomas. Realizarase unha revisión de conceptos xerais do ámbito de secuenciación xenómica e as diferentes técnicas de obtención de datos, para posteriormente mostrar algoritmos especializados. Ademais, introduciranse tamén ferramentas de software e bibliotecas que se usan no ámbito bioinformático en proxectos reais.

PUBLICIDADE