Susana de la Sierra impartirá na EGAP unha conferencia sobre IA e control das administracións

mércores, 19 de febreiro do 2025 S. P.

Este xoves, ás 17.00 horas, a xurista e catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Castela-A Mancha, Susana de la Sierra, ofrecerá a conferencia A Intelixencia Artificial e control das Administracións Públicas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Durante a conferencia, Susana de la Sierra expoñerá os diferentes usos e utilidades das ferramentas denominadas “intelixentes” no sector público e os riscos que ten unha tecnoloxía destas características. Tamén presentará o marco normativo actual, o regulamento europeo da Intelixencia Artificial e os sistemas de control do seu uso, entre outros temas.