Synology lanza un NAS capaz de ampliar a nosa cobertura Wi-Fi
luns, 8 de outubro do 2012
Este
mes ponse á venda por uns 250 euros a completa solución para compartir
datos sen fÃos Synology
DiskStation DS213air, que é nunha caixa que pode albergar no seu interior
ata 2 discos duros SATA de 2,5 ou 3,5 polgadas (polo que a súa capacidade
máxima serÃa de 8 Tbytes) os que dota de alta conectividade para poder acceder
aos mesmos dende distintos equipos grazas a que conta con conectividade Wi-Fi N
e Gigabit Ethernet. Pero este dispositivo non se limita a facilitar o acceso en
rede a discos duros, senón que aproveita a súa conectividade sen fÃos para
operar tamén como enrutador sen fÃos, incluso accedendo á Rede a través de
Wi-Fi, de xeito que poderÃa servir para ampliar a cobertura de Wi-Fi no fogar
ou en pequenas empresas onde haxa zonas con mala cobertura.
- O NAS conta con 2 portos USB 3.0 e un porto Gigabit Ethernet
Os discos duros conectados no DiskStation DS213air conformarÃan unha especie de
almacenamento na nube dispoñible para ordenadores na nosa rede local ou incluso
dende calquera equipo conectado á Internet grazas á tecnoloxÃa ezCloud de
Synology, podendo incluso empregarse a aplicación DS
file para acceder aos documentos dende dispositivos con iOS ou con
Android. Tamén pode operar como servidor de contidos multimedia, o que
resulta ideal para o fogar, pois os contidos almacenados nos discos duros
poderÃan estar dispoñibles dende a aplicación de iTunes e dispositivos con
DLNA/UPnP (como televisores conectados
ou consolas de videoxogos domésticas).
O DiskStation DS213air inclúe a aplicación Synology Data Replicator para facer
copias de seguridade baixo Windows, mentres que os usuarios de equipos de Apple
poden aproveitar Time Machine para facer o mesmo.
Se non chegase con albergar 2 discos duros no interior deste NAS, tamén temos a
posibilidade de ampliar a súa capacidade mediante ata 2 discos duros externos
por USB 3.0. Tamén cómpre destacar que estamos ante un dispositivo que funciona
con moitos outros servizos, sendo capaz de albergar páxinas web, servidor de
FTP, servidor de correo electrónico... e incluso pode empregarse para descargar
documentos con distintos protocolos (que inclúen a BitTorrent e eMule).