System Shock 3 xa conta con páxina web
luns, 14 de decembro do 2015
- SHODAN é a malvada intelixencia artificial á que hai que enfrontarse en System Shock
En setembro a tenda de xogos descargables sen DRM GOG
sorprendeu poñendo á venda unha Enhanted
Edition de System Shock, un shooter de 1994 que fixera historia que
agora pode xogarse dignamente en equipos informáticos actuais, o que resultou
ser un relanzamento que tiña unha
motivación oculta: contribuÃr á recuperación da saga.
Otherside Entertainment vén de
crear unha páxina web na que confirman que están a traballar en System Shock 3, e convidan
aos interesados a inscribirse alà para recibir actualizacións sobre o
futuro xogo que collerá o relevo de System
Shock 2 (xogo de 1999 que está considerado como todo un referente).
Na saga System Shock temos que
sobrevivir nun mundo cyberpunk
futurista, no que SHODAN, unha malvada intelixencia artificial, intenta acabar
coa nosa vida, e para recuperar esta historia dende Otherside ficharon a algúns
dos responsables de anteriores entregas, como Paul Neurath de Looking Glass
Studios e algúns traballadores de Irrational Games.
É de agardar que o novo xogo sexa bastante ben recibido se remata cunha boa
factura, cando menos se temos en conta que o seu sucesor espiritual, Bioshock,
consolidou unha das franquÃas de máis éxito na anterior xeración de consolas de
videoxogos.