T-Mobile presenta un móbil de Samsung con Android, teclado QWERTY e 4G
luns, 28 de xuño do 2010
Os móbiles de Samsung con Android
están a desembarcar nos EE.UU. con novidades con respecto dos terminais que
chegan a Europa e así modifican o Samsung Galaxy S incorporándolle un teclado
deslizante QWERTY e conectividade 4G, tomando por nome Samsung
Epic 4G.
Este novo terminal fai uso da conectividade WiMAX da operadora Sprint, conta co
sistema operativo Android 2.1 con interface TouchWiz 3.0, funciona cun
procesador a 1 GHz, ten 512 Mb de RAM e 1 Gb de ROM, 16 Gb de memoria nunha
tarxeta microSD, pantalla Super AMOLED de 4 polgadas, cámara principal de 5 Mpíxeles
e secundaria VGA para videochamadas, Wi-Fi N (coa posibilidade de funcionar
coma punto de acceso para ata 5 dispositivos), batería de 1.500 mAh, unhas
dimensións de 124,8 x 64,6 x 14,2 milímetros e 155 gramos de peso.}
A maiores, a operadora T-Mobile tamén porá
á venda o 21 de xullo o móbil
Samsung Vibrant, unha variante do Samsung Galaxy S que destacará por
incluír unha tarxeta microSD con The Sims
3 e Avatar precargados.