TCL faise coa marca BlackBerry para a fabricación de móbiles

xoves, 15 de decembro do 2016 Marcus Fernández

BlackBerry fixo por fin oficial o seu abandono da fabricación de smartphones, e anunciou hoxe o acordo de licenzamento da súa marca con TCL Communication Technology Holdings Limited, de xeito que subministrará o software e servizos de seguridade a TCL Communication, compañía que encargarase do deseño, fabricación, comercialización e servizo de atención ao cliente dos teléfonos que agora veñan coa marca BlackBerry.
TCL Communication xa se encargara da fabricación dos teléfonos DTEK50 e DTEK60, os dous últimos dispositivos con Android baixo a marca BlackBerry, e este acordo confirma que seguirán na mesma liña, lanzando smartphones de fabricación chinesa (que até o momento viñan a ser simples personalizacións de teléfonos da marca Alcatel) con software de BlackBerry preinstalado, o que permite achegar unhas prestacións bastante aceptables a prezos moito máis contidos dos que habitualmente tiña o fabricante canadense, que fracasou ao tentar vender a prezos propios da alta gama unha serie de teléfonos cunha demanda cada vez máis reducida.

Os últimos smartphones de BlackBerry veñen a ser móbiles Alcatel personalizados a nivel de software

PUBLICIDADE