THQ comercializará unha tableta gráfica para a Wii
mércores, 18 de agosto do 2010
AÃnda que a
meirande parte de accesorios para a Wii veñan sempre da man de Nintendo,
durante a Gamescom deste ano THQ sorprendeu
anunciando un novo tÃtulo que ten en desenvolvemento, uDraw Studio, que sairá a finais de ano nos EE.UU. (a
comezos de 2011 en Europa) e que virá acompañado cun periférico chamado uDraw GameTablet e que vén a ser unha
tableta gráfica como as que utilizan os ordenadores persoais e que facilitará
dende a realización de debuxos ata o uso de xogos cun control que poderiamos
comparar ao das pantallas táctiles.
O uDraw GameTablet mide 22,86 x 15,24 centÃmetros e permite a conexión do mando
da Wii nun lateral, á vez que tamén conta cun par de botóns, opcións de
movemento e un lapis sensible á presión. Inicialmente utilizarase co mencionado
uDraw Studio, unha ferramenta de
debuxo para rapaces de entre 6 e 12 anos, aÃnda que será posible adquirir de
xeito independente máis tÃtulos coma o coñecido Pictionary e Dood’s Big
Adventure, xogo no que o noso heroe personalizado deberá percorrer 60
niveis controlado polos nosos xestos na nova tableta da Wii.
O prezo do paquete inicial de uDraw nos EE.UU. será duns 70 dólares, mentres
que os xogos para o novo periférico custarán 29,99 dólares cada un.
VÃdeo promocional do uDraw GameTablet