TP-LINK anuncia un router portátil
xoves, 17 de novembro do 2011
Moitos son os dispositivos
electrónicos que contan con conectividade Wi-Fi, o que non sempre está
dispoñible, e para poder cubrir esta carencia TP-LINK
anuncia que o 14 de decembro vai comercializar o router portátil TL-MR3020,
que conta cun porto USB no que poder conectar un modem USB 3G para compartilo a
través dunha rede Wi-Fi N de ata 150 Mbps. Para mellorar a súa portabilidade,
este dispositivo compacto pode alimentarse tanto a través dun adaptador de
corrente como dunha conexión USB. AmplÃa a súa versatilidade grazas a un porto
Ethernet, que pode servir para conectar un PC (se utilizamos como saÃda de
Internet unha conexión 3G) ou unha conexión á Rede (como unha toma de rede
doméstica ou un cablemodem) para compartila por Wi-Fi. O prezo deste router
será de 39,99 dólares (29,71 euros).