Tabletas multitáctiles de Wacom

xoves, 24 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Wacom renova o seu catálogo de tabletas gráficas coa incorporación da Bamboo Touch e a Bamboo Fun, que destacan por ser multitáctiles, de xeito que poderán aproveitar o uso que fan desta tecnoloxía os sistemas operativos Windows 7 e Mac OS X.
O Bamboo Touch chega en 2 modelos: un básico que funciona cos dedos e que custa 69,90 euros e outro que tamén soporta o uso dun stylus que véndese por 89,90 euros. Estas tabletas soportan xestos multitáctiles para funcións coma o desprazamento, o xiro ou o zoom, permite perxonalizar 4 teclas rápidas, conéctanse ao PC por USB, pesan 210 gramos e miden 208 x 138 x 7,5 milímetros.
O Bamboo Fun chega en dous tamaños: un cativo (248 x 176 x 8,5 mm) que véndese a 99,90 euros e outro mediano (337 x 223 x 8,5 mm) que custa 199,90 euros. Este produto está destinado a un público máis profesional, e así non só conta cunha tableta de tamaño maior, senón que tamén inclúe software para a edición gráfica e a pintura dixital.


Vídeo de presentación do Bamboo Touch


Presentación do Bamboo Fun