Talentos Inclusivos chega a RNE da man de Javier Pereira (CITIC) e Beatriz Méndez
venres, 24 de novembro do 2023
O
subdirector do CITIC (Centro de Investigación TIC da UDC), Javier
Pereira, foi convidado esta semana a
participar no programa El gallo que no cesa de RNE
acompañado de Beatriz Méndez, profesora de Tecnoloxía no Instituto
de Educación Secundaria Rego de Trabe de Culleredo. Durante a
entrevista, Pereira puxo en valor o Programa
Talentos Inclusivos, unha iniciativa impulsada polo CITIC en
colaboración con ASPACE Coruña a favor da tecnoloxía inclusiva. O
obxectivo principal é fomentar as vocacións STEM (siglas de
Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e facer visíbeis
os retos aos que se enfrontan as persoas con parálise cerebral no
seu día a día.
Por
certo que Talentos Inclusivos foi este ano distinguido polo Consejo
General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática de
España co Premio
Nacional de Ingeniería en Informática na sección Humanismo e
compromiso social.
Pereira
explicou que a través deste programa, alumnos e alumnas de
Secundaria e Bacharelato de diversos institutos de Galicia, terán
que buscar solucións tecnolóxicas a unha serie de retos que serán
propostos por usuarios da entidade ASPACE.
“Para
nós era moi interesante promover vocacións TIC entre o alumnado
facéndolles ver por unha banda que a tecnoloxía mellora a calidade
de vida das persoas e por outro visibilizando á vida que teñen a
persoas con discapacidade”, afirmou o subdirector do CITIC.
En
relación á participación e implicación dos centros educativos,
Méndez destacou que “cando viñeron os usuarios de ASPACE a
presentar o proxecto, chamounos moito a atención a reacción dos
alumnos. É un proxecto que desenvolve a empatía enormemente”.
Talentos
Inclusivos celebra este ano a súa cuarta edición cun éxito que se
consolidou ao longo da súa traxectoria, que se materializa cunha
maior participación de centros educativos e cun gran impacto a nivel
da contorna e a nivel social.