Tales of the Borderlands estará entre os xogos de PS Plus do mes de maio

mércores, 26 de abril do 2017 Marcus Fernández

Aínda que a oferta de xogos de PlayStation Plus continúa a ter un nivel bastante baixo, no mes de maio a relación de xogos que se incorporarán ao catálogo de xogos instantáneos dos subscritores de pagamento inclúe cando menos un título bastante importante: a aventura gráfica Tales of the Borderlands para PlayStation 4. O xogo en cuestión retoma o universo da serie Borderlands de Gearbox e aprovéitao para contar unha nova historia repartida en 5 capítulos.
O outro xogo de PS4 que recibirán os subscritores de PS Plus en maio será Alienation, título dos creadores de Dead Nation e Resogun, que combina disparos clásicos de dous sticks cun sistema de saqueo complexo, mapas xerados procedimentalmente, asaltos de alxubes, obxectos semanais e unha táboa de liga global. Tanto pode gozarse no seu modo para un xogador como con xogo en rede de até 4 xogadores simultáneos.
Por desgraza, o resto de xogos de PS Plua de maio son irrelevantes: Blood Knights e Port Royale 3: Pirates and Merchants para PS3 e Laser Disco Defenders e Type: Rider para PS Vita.

Vídeo co que promocionan os xogos de PS Plus do mes de maio

PUBLICIDADE