Tape, un xogo ambientado nunha vila galega ficticia

venres, 18 de marzo do 2022 Marcus Fernández

No mes de abril chegará á PlayStation Store e a Steam o xogo Tape: Unveil the memories, unha aventura narrativa de misterio en primeira persoa desenvolvido polo estudio madrileño BlackChiliGoat que contou co apoio de PlayStation Talents, e que chama especialmente a atención por estar ambientado nunha pequena vila chamada Antumbria inspirada na Galicia dos anos 90.
No xogo coñeceremos a Iria, unha moza que recibe unha cinta VHS do seu pai, un famoso cineasta de terror, na que lle pide axuda, levando á rapaza a somerxerse en lembranzas por medio dunha vella cámara Super8 do seu pai para descubrir os escuros segredos da súa familia.
Este título ten unhas mecánicas curiosas, nas que podemos empregar a cámara para avanzar, rebobinar ou pausar o tempo para interactuar cos obxectos, e a medida que se avanza o escenario mudará, abrindo paso polas lembranzas do pai de Iria para descifrar o seu destino.

Vídeo promocional do xogo

PUBLICIDADE