Targus presenta un rato láser que se comunica por Wi-Fi
luns, 19 de setembro do 2011
O fabricante de
accesorios informáticos Targus anunciou que este mesmo mes vai introducir no
mercado grazas á colaboración con Ozmo Devices un rato láser que, en vez de
comunicarse por Bluetooth cos equipos informáticos, fai o propio por Wi-Fi, o
que resulta especialmente práctico en ordenadores portátiles (de xeito que non
precisaría de ocupar un porto USB cun receptor sen fíos no caso de non contar
con Bluetooth).
O Targus
Wi-Fi Laser Mouse (AMW58US) venderase por 49,99 dólares nos EE.UU. ( 36,59
euros) e, aparte de librarse dos incómodos cables, tamén goza de alta precisión
grazas ao seu sensor láser (que funciona sobre numerosas superficies) e incluso
goza dunha roda de desprazamento de catro direccións (ou sexa, que serve para
desprazarse tanto vertical como horizontalmente polos nosos documentos e páxinas
web).