Tarxeta PCMCIA para engadir dous portos USB 2.0
venres, 23 de maio do 2008- A tarxeta PCMCIA non sobresae do equipo
Cada dÃa é máis normal conectar numerosos
dispositivos aos ordenadores portátiles por USB, polo que o número de portos
incluÃdos no equipo tenden a quedar curtos, de aà que Area Powers lance unha
atractiva tarxeta
PCMCIA que permite agregar dous portos USB 2.0, aÃnda que só 1
poderá alimentar a un dispositivo externo (agás que se tome corrente extra
outro porto USB mediante un cable suplementario) xa que os portos PCMCIA non
poden achegar corrente suficiente para, por exemplo, facer funcionar a 2 discos
duros externos.
A principal vantaxe desta tarxeta é que non sobresae do portátil, de xeito que
a podemos ter inserida constantemente, e evita asà a molestia de empregar un
concentrador USB para conectar máis dispositivos ao noso equipo.
Este novo accesorio para ampliar os portos USB do portátil xa
se vende no Xapón por 2.000 iens (12,27 euros).