Tarxeta gráfica externa para ampliar o número de pantallas

xoves, 4 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Para poder conectar varios monitores a un PC ou Mac sen contar cunha tarxeta gráfica que permita tal posibilidade se pode empregar a tarxeta gráfica externa Multi-I USB de WITECH, que emprega a tecnoloxía DisplayLink para poder dar sinal a ata 2 pantallas con resolucións de ata 1.400 x 1.050 píxeles, converténdose nunha interesante solución para espallar o escritorio do noso equipo en varias pantallas na creación de contornos de traballo de alta produtividade.
As probas realizadas sobre este dispositivo externo que se vende por 170.000 wons coreanos (uns 89,47 euros) amosan uns resultados excelentes deixando claro que as conexións USB 2.0 son suficientes para mover vídeo a resolucións aceptables, aínda que con certas limitacións, pois hai que entender que este tipo de accesorios están pensados para un uso ofimático, e non para xogos ou vídeo, para o que habería que optar por hardware dunha gama superior.

PUBLICIDADE