Taylor Swift escolle Instagram para anunciar o seu compromiso con Travis Kelce
martes, 26 de agosto do 2025
As plataformas sociais compiten en moitos ámbitos, especializándose cada unha nun tipo de comunicación e público, e unha boa mostra diso é o que aconteceu esta mesma tarde en Instagram, por ser o lugar escollido pola cantante Taylor Swift para anunciar o seu compromiso co xogador de fútbol americano Travis Kelce.
Estamos ante un acto de comunicación moi medido, realizado exclusivamente en Instagram (con crossposting en Threads), mentres que o resto de canles de comunicación de Swift (TikTok, Facebook, YouTube e X) omitiron calquera mención ao anuncio do casamento que se fixo cunha galerÃa fotográfica romántica acompañada por unha curiosa metáfora: «a túa profesora de Inglés e o teu profesor de Educación FÃsica van casar».
Este movemento por parte de Swift resulta curioso, non por ignorar X (plataforma coa que ten mala reacción por facilitar a creación e divulgación de deepfakes coa súa imaxe) ou Facebook (que ten unha base de usuarios coa que non conecta), senón por deixar pasar a oportunidade de realizar algunha acción en TikTok (onde a súa música é popular), o que pode dar a entender algo: a consolidación de Instagram como o espazo que colle a remuda da prensa do corazón á hora de realizar anuncios de casamentos, embarazos e outras situacións relevantes para a crónica social.
O feito de que en 5 horas a publicación co anuncio do compromiso superase os 19 millóns de gústames supón que o volume de visualizacións da galerÃa fotográfica está a ser moi importante, pero non podemos esquecer que Swift ten 281 millóns de seareiros, polo que non hai revista de sociedade ou programa de televisión que poida comparárselle en alcance.
Agora queda por ver se este momento terá un impacto directo noutro medio dixital, o podcast New Heights de Jason e Travil Kelce, que poderÃa bater todas as marcas de converterse no primeiro espazo público no que a parella comprometida fale ao público (Taylor Swift estivo convidada no programa hai un par de semanas). Curiosamente este grande éxito de New Heights chegarÃa nun momento no que Amazon está a disolver Wondery, a produtora de podcasts que os acolle.
