Tecalis e Altia, recoñecidas do Premio á Responsabilidade Social Empresarial de Galicia

mércores, 19 de febreiro do 2020 Fernando Sarasketa

A Xunta deu a coñecer este mes de febreiro os destinatarios finais dos seus Premios á Responsabilidade Social Empresarial de Galicia, uns galardóns que teñen o obxectivo de mostrar e reivindicar publicamente o labor daquelas empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade solidaria na súa xestión e na súa actividade diaria. O palmarés final destes recoñecemento tivo unha importante presenta das empresas tecnolóxico-dixitais da nosa terra.
Deste xeito, o Premio á RSE de Galicia na categoría de pequena empresa foi dar a Tecalis, firma consultora e desenvolvedora TIC con sede en Milladoiro (Ames), e o mesmo galardón na modalidade de gran empresa recaeu en Altia Consultores, con sede en Oleiros centrada en servizos de consultora estratéxica e tecnolóxica, principalmente.
Tamén foron distinguidas, na modalidade de mediana empresa, as firmas Ledisson (especializada en sistemas avanzados de automatización industrial, con sede no Porriño) e a compañía de transporte Empresa Monforte SAU.
O Premio Mención á Conciliación foi dar a CONGALSA, con sede na Pobra do Caramiñal, e centrada en produtos do mar conxelados e moi envorcada en metodoloxías intelixentes de xestión e produción que exportar a todo o sector alimentario galego (en colaboración con Gradiant e a través do proxecto CONGALSA 4.0).

PUBLICIDADE