Teclado con tecla de Control + Alt + Supr

mércores, 17 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Cando o ordenador dá certos problemas baixo Windows en certas ocasións é preciso pulsar a combinación de teclas Control + Alt + Supr, o que resulta bastante incómodo e en ocasións imposible (pois precisa do uso de dúas mans) de aí que HP lanzase un teclado cunha tecla que simula a pulsación das 3 anteriormente mencionadas, o que pode servir para dar pé a moitas burlas sobre a estabilidade de Windows, pero que algúns usuarios agradecerán (aínda que cada vez é unha función máis innecesaria).
O teclado tamén incorpora un botón con forma de rosca e 27 teclas de función. Se vende por 80 dólares cun rato láser cunha resolución de 3.200 dpi.

PUBLICIDADE