Teclado de Microsoft que atalla as funcionalidades do Windows Vista

mércores, 28 de maio do 2008 Raquel Noya

Con tódalas ferramentas que temos hoxe en día á nosa disposición en Internet e no propio computador (entre carpetas con diversos contidos multimedia e softwares con aplicacións varias), xa case é unha tarefa imposible acceder a elas sen trabucarnos ou sen acabar na outra punta do directorio ao que pretendíamos acceder inicialmente.
Para solucionar isto, Microsoft vén de lanzar en España o Digital Media Keyboard 3000, un novo teclado deseñado especialmente para “adaptarse á vida dixital” que lle permite ó usuario acceder directamente ás súas imaxes, arquivos, carpetas, ó reprodutor de música, ó control de volume, ó correo electrónico, ós “meus favoritos”... premendo tan só nun botón.
Mediante este lanzamento, Microsoft pretende dar un paso máis na súa arela por adaptarse ás necesidades dos usuarios da era dixital e ofrece unha ferramenta que aporta, segundo afirma, “comodidade e deseño” nun só dispositivo.
O Keyboard 3000 está optimizado para Windows Vista grazas ó Flip 3-D e está dispoñible no mercado español a un prezo de 29,90 euros.

PUBLICIDADE