Tecnópole estrea nova imaxe corporativa e páxina web
martes, 18 de xullo do 2023
O
Parque Tecnolóxico de Galicia está de estrea este verán por
partida dobre: renova a súa imaxe corporativa e lanza unha nova
páxina web, dispoñíbel en tecnopole.gal.
“En
Tecnópole”, informaron os responsábeis do complexo empresarial de
San Cibrao das Viñas, “cremos na importancia da innovación e da
educación científica, nunha maneira máis sustentábel e humana de
traballar xuntos; por iso renovamos a nosa marca e achegamos unha
nova web, baseándonos na fusión entre a tecnoloxía e a natureza”.
A
nova web forma parte das moitas iniciativas incluídas no Plan Estratéxico
2022-2025 da Tecnóple, concretamente do capítulo de estratexia de
formación e comunicación do parque. Tanto a imaxe corporativa acaba
de estrear como a nova web do parque foron lanzadas para ampliar os
recursos das empresas actuais e futuras, ao tempo que se favorece un
dos grandes obxectivos do dito plan (presentado
os días pasados), que é establecer comunicación directa coa
sociedade galega, mostrándolle os logros, achados e oportunidades da
Tecnópole.