Tekken 6 contará cun parche para mellorar o xogo en liña

xoves, 5 de novembro do 2009 Marcus Fernández

As versións para Xbox 360 e PlayStation 3 de Tekken 6 levan unha semana á venda, pero o que prometía ser un éxito rotundo está a ser lixeiramente ensombrecido por pequenos detalles coma que o xogo en liña está a funcionar dun xeito pouco satisfactorio, o que levou a Namco Bandai a anunciar que lanzarán un parche que solucione esta problemática, e que sairá tan pronto como sexa debidamente probado. Esta actualización será distinta á que chegará durante o inverno, e que incorporará a posibilidade de xogar de forma cooperativa en liña ao modo Campaña.
Outro factor que tamén está a molestar son os tempos de carga dende disco, que no caso da versión de PlayStation 33 serían de 33 segundos para elixir un novo personaxe e escenario no que xogar, mentres que a versión para Xbox 360 só demora 11 segundos na mesma operación, o que resulta difícil de explicar.

Os tempos de carga da versión de PS3 parecen excesivos

PUBLICIDADE