Tekken 6 e Soulcalibur terán versión para PSP
mércores, 29 de abril do 2009
- No Tekken 6 para PSP está confirmada a presenza do loitador español Miguel El Matador Caballero Rojo
A consola
portátil de Sony está de sorte, e hoxe anunciáronse un par de lanzamentos de
xogos de loita para esta plataforma, que non serán outros que o Tekken 6 e o Soulcalibur, ambos de Namco Bandai.
A PSP xa contara co Tekken: Dark
Resurrection, e esta nova entrega sairá para PSP á vez que para PS3 e Xbox
360 o vindeiro outono. A
versión portátil contará con modo multi-xogador ad-hoc e
opción ghost (para poder
descargar datos das partidas doutros xogadores e subir as nosas, podendo asÃ
facer comparacións). Os loitadores que se poderán elixir serán os clásicos
desta saga e os máis populares de entre os de nova incorporación á mesma.
Pola contra, Soulcalibur:
Broken Destiny será a versión portátil do Soul
Calibur IV, aÃnda que sen contar cos personaxes de Star Wars, e contará cos clásicos modos
de xogo arcade, versus e survival (asà como máis de 80 misións de práctica),
permitirá seleccionar entre máis de 20 loitadores (entre os que non faltarán Taki,
Mitsurugi, Ivy, Voldo, Siegfried, Hilde ou Cassandra) e incluso contará co modo
de creación de personaxes que tanta vida deu á versión para Xbox 360 e
PlayStation 3. Cómpre destacar que este tÃtulo non será unha conversión pura,
senón que estará orientado a un público novato neste tipo de xogos.
- O Soulcalibur de PSP estará baseado na última entrega da saga para consolas domésticas