Tekken 6 sairá á venda o 30 de outubro
martes, 23 de xuño do 2009
Namco Bandai
finalmente anunciou a data de lanzamento do seu agardado Tekken 6, que sairá
á venda nos EE.UU. o 27 de outubro, chegando ás tendas europeas 3 dÃas
despois nas súas versións de PlayStation 3 e Xbox 360, aÃnda que non se venderá
só por separado, senón que tamén existirán edicións especiais do xogo incluÃndo
uns controladores de xogo arcade e un libro de ilustracións, aÃnda que o seu
prezo pasarÃa dos 59,99 dólares do xogo a 149,99 dólares, o que non é un mal
prezo para un paquete que inclúe un mando sen fÃos de HORI (que poderÃa ser o
primeiro mando arcade oficial en comunicarse sen fÃos cunha Xbox 360).
O novo xogo será todo un imprescindible para os amantes dos tÃtulos de loita, e
non só chegará para as consolas domésticas, senón que xa no mes de novembro
agárdase que conte tamén cunha versión para PSP, aÃnda que neste caso non se
conta con edicións especiais.