Tekken 6 tamén sairá para Xbox 360

xoves, 9 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Hoxe comezou no Xapón o Tokyo Game Show, e un dos novos lanzamentos máis destacados da feira de videoxogos é que se confirmou que o título de loita Tekken 6 que chegará a finais de 2009 non aparecerá só para a PlayStation 3 de Sony, senón que tamén contará con versión apra a Xbox 360, polo que Sony contaría cunha exclusiva menos para a súa consola á vez que os usuarios contan con máis opcións de xogo.
Nos salóns recreativos nipóns xa se pode ver o Tekken 6: Bloodline Rebellion, que destaca por incorporar a 2 novos personaxes (Alisa Boskonovich e Lars Alexanderson) e que será a versión que se adapte ás consolas domésticas de alta definición.


Trailer da versión de PS3 de Tekken 6 presentado durante o Tokyo Game Show

PUBLICIDADE