Telea facilita o seguimento de máis de 23 mil pacientes crónicos
xoves, 16 de outubro do 2025
O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, destacou hoxe no Parlamento que máis de 23.000 pacientes crónicos son monitorizados actualmente a través da plataforma tecnolóxica Telea, implantada en todas as áreas sanitarias galegas. Esta ferramenta permite o seguimento de patoloxÃas como a insuficiencia cardÃaca, a EPOC, a diabetes, enfermidades oncolóxicas, procesos postcirúrxicos ou coidados paliativos, e está plenamente integrada na historia clÃnica electrónica e no portal E-Saúde.
Na súa comparecencia na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento, Parada salientou que Telea é un dos piares da transformación dixital do sistema sanitario galego, contribuÃndo a mellorar a calidade asistencial, a eficiencia e a vida cotiá de milleiros de persoas que requiren atención continuada.
Segundo explicou, os pacientes dispoñen de dispositivos de monitorización continua que permiten recibir datos clÃnicos en tempo real, sen necesidade de rexistros manuais. Cada dÃa o Sergas recibe máis de 380.000 biomedidas, e o volume de información segue a medrar: en 2024 superáronse os 44 millóns de variables clÃnicas, e neste 2025 xa se pasaron os 100 millóns.
Esta actividade é posible grazas á integración dos dispositivos médicos coa historia clÃnica electrónica, o que facilita aos profesionais unha visión completa e actualizada do estado de saúde de cada persoa. Galicia é, neste ámbito, un referente europeo, con integración efectiva na historia clÃnica de cinco provedores de monitorización cardÃaca, dous de control continuo da glucemia, tres de bombas de infusión e un provedor de hemodiálise domiciliaria.
Dentro da estratexia de evolución tecnolóxica de Telea, están en marcha dúas novas licitacións financiadas pola Unión Europea a través dos Fondos de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A primeira, cun importe superior a 500.000 euros, destinarase á integración de novos dispositivos (como sensores de pulso con pletismografÃa, respiradores domiciliarios e sistemas de diálise) que mellorarán a interoperabilidade cos sistemas de información sanitarios. A segunda, de 484.000 euros, céntrase no desenvolvemento de algoritmos avanzados para a xestión de pacientes con diabetes, dentro do proxecto eDiabetes, un modelo de medicina personalizada que permitirá avaliar riscos cardiovasculares, detectar hipoglucemias e predicir a evolución clÃnica de cada persoa.
Parada subliñou que Telea non é só unha plataforma tecnolóxica, senón un novo modelo asistencial que reduce reingresos hospitalarios evitables, mellora o control dos pacientes crónicos complexos e evita desprazamentos innecesarios tanto de usuarios como de profesionais. Tamén favorece o traballo conxunto entre atención primaria e hospitalaria, fortalecendo a continuidade asistencial.
Recoñecida pola Comisión Europea como boa práctica en atención primaria, Telea forma parte do proxecto europeo CIRCE, no que Galicia exerce un papel de liderado transferindo este modelo a outras rexións europeas. A folla de ruta do Sergas pasa por ampliar o seu alcance a ámbitos como a saúde mental, a rehabilitación ou a fraxilidade, asà como por seguir incorporando solucións baseadas en intelixencia artificial clÃnica e consolidar a colaboración con outros sistemas sanitarios europeos.
O xerente concluÃu salientando que Galicia está a construÃr unha sanidade dixital centrada nas persoas, onde a tecnoloxÃa non substitúe o contacto humano, senón que o reforza, permitindo dedicar máis tempo ao acompañamento, á prevención e á saúde da cidadanÃa.
