Telefónica amosa o seu pesar polo pasamento de César Alierta

mércores, 10 de xaneiro do 2024 Redacción

Durante a xornada de hoxe, que fora máximo responsable de Telefónica, César Alierta Izuel, finou en Zaragoza aos 78 anos. Na súa última etapa á fronte da Fundación Telefónica e da Fundación ProFuturo impúxose como misión facer un mundo mellor, máis xusto, solidario e inclusivo, a través da dixitalización e a educación.
O Consello de Administración de Telefónica, os Patronatos de Fundación Telefónica e Fundación ProFuturo, encabezados polo presidente de Telefónica, José María Álvarez-Pallete, lamentaron profundamente a súa perda e destacaron a visión estratéxica e o enorme legado que Alierta deixa na compañía, así como a súa inxente labor social e educativa como responsable da Fundación Telefónica e da Fundación ProFuturo nos últimos anos.
Álvarez-Pallete asegurou que «Hoxe é un día triste para a familia Telefónica. Todos somos depositarios do inmenso legado que nos deixa César Alierta, un corazón aberto de par en par, apaixonado, intelixente e valente. A súa visión de futuro e a súa intuición levárono sempre a intentar cambiar o mundo a mellor».