Telefónica atrévese cun smartbook de seu
mércores, 28 de abril do 2010
O novo equipo informático Compaq Airlife 100, anunciado coma o
primeiro smartbook do mercado español,
chega da man de Telefónica, dentro da súa estratexia polos dispositivos conectados, que neste caso non parece
ter comezado con bo pé, pois o trebello con pantalla táctil de 10,1 polgadas
(1.024 x 600 pÃxeles), procesador Qualcomm QSD8250, Wi-Fi, Bluetooth, GPS, 3G
integrado, lector de tarxetas SD de ata 32 Gb e unha baterÃa de ata case 12
horas (e ata 10 dÃas en espera) pese a ser un ultraportátil, funciona co
sistema operativo Android, que actualmente non está optimizado para este tipo
de trebellos, de xeito que provoca unha experiencia de uso un tanto molesta para
o usuario.
Lembremos que Android é un sistema operativo deseñado para o seu uso en
dispositivos táctiles coma teléfonos móbiles ou reprodutores multimedia, pero o
súa experiencia en trebellos de grande tamaño aÃnda non está optimizada, de aÃ
que sexa prudente agardar varios meses para decidir cómo vai o sector e aÃnda
que parece que podemos concluÃr que a venda de e-books xa está en decadencia.
O prezo do Compaq Airlife 100 será de 229 euros con contrato de datos Internet
Maxi (49 euros/mes) ou de 299 euros
cunha tarifa plana de Internet Plus (39 euros/mes), incluÃndo coma promoción a
recepción da canle Gol Televisión de balde durante un ano.
As crÃticas a este equipo hÃbrido entre
móbil e ultraportátil están a ser gastante duras, non só pola inmadurez do Android
para certos usos, senón tamén por
carecer de acceso ao Android Market, os seus materiais son de pouca
calidade, o seu prezo excesivo e o seu navegador web parece deficiente.
As
súas caracterÃsticas técnicas serÃan coma segue:
·
Pantalla
de 10.1 polgadas
·
Resolución
de 1024×600 pÃxeles
·
Procesador
Qualcomm Snapdragon de 1GHz
·
512MB
de memoria RAM e 512MB de memoria ROM
·
Dous
altofalantes na parte frontal exterior e toma para auriculares
·
Conexión
Micro USB
·
Memoria
interna de 16GB
·
Lector
de tarxetas SD
·
Wi-Fi
802.11g
·
Bluetooth
2.0+EDR
·
Teclado
QWERTY
·
GPS
dedicado, A-GPS e uso de redes sen fÃos para a localización
·
Modem 3G interno
·
Android
1.6 como sistema operativo
O último punto
parece o máis polémico, posto que para este tipo de dispositivos estarÃan a
preparar o Chrome OS, pero como aÃnda faltan meses para o seu lanzamento,
optaron por un Android 1.6 bastante desfasado. Tamén pódese criticar que a súa
pantalla táctil fose resistiva. De todos os xeitos, parece evidente que estamos
ante un produto que vai telo difÃcil no futuro, pois terase que incorporar á
Rede nun momento de constante cambio á vez que presenta unha experiencia de uso
máis propia dun móbil que dun PC.