Telefónica crea unha nova plataforma global de publicidade móbil
luns, 30 de xuño do 2008
Telefónica estableceu unha alianza para todo o mundo con Amobee Media Systems para prover un único punto de contacto para as axencias e anunciantes que queiran mercar, desenvolver e controlar as súas campañas publicitarias a través das canles móbiles dispoñibles, entrando así con forza nun mercado que agardan que chegue a mover 7.200 millóns de euros en 2011.