Telefónica deixou de dar servizo á galega Ocean’s por impagamento
mércores, 20 de xuño do 2018
Esta mañá o operador con sede na Coruña Ocean’s advertiu a
través das redes sociais que parte dos seus servizos de fibra e ADSL vÃronse
afectados por unha avarÃa na que xa están a arranxar para restablecer o
servizo o antes posible, pero medios como ADSLzone aseguran que realmente o
acontecido é moito máis grave, pois serÃa consecuencia
da desconexión do acceso do operador coa rede de Telefónica, compañÃa que
prestáballe servizos maioristas e a finais de abril recibiu autorización por
parte da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia para cesar a prestación
de servizos ante impagamentos por
parte de Ocean’s dende hai tres anos.
AÃnda que non se anunciou por canles oficiais, a resolución da CNMC está datada
no pasado 25 de abril e daba a Telefónica un prazo de mes e medio a partiro do
seguinte dÃa da notificación da resolución a Ocean’s Network para a resolución
dos contratos en vigor e o cesamento na prestación de servizos, o que non
parece casual.
Dende Ocean’s aseguran que restituirán os seus servizos en breve, entendendo
que será a través outro provedor, pero en vista da situación de impagamento
anterior podemos entender que a viabilidade da compañÃa está en serias dúbidas,
o que non resulta nada esperanzador, especialmente dende un punto de vista
galego, xa que é un dos poucos operadores que temos na nosa comunidade.
ACTUALIZACIÓN (14:15 horas): Ocean’s Network vén de publicar un comunicado no que indica que a incidencia na súa rede está relacionada cun problema de interconexión con Orange, que tamén padeceron outras compañÃas nas últimas horas (que dende Orange asweguran que só terÃa afectado ás chamadas de móbiles), detallando que continúa a traballar para normalizar o servizo cos clientes de ADSL e fibra óptica.
ACTUALIZACIÓN (20:00 horas): Ocean’s Network publicou un novo comunicado no que deron por solucionara a incidencia do servizo de telefonÃa móbil desta mañá, provocado por un fallo na rede de Orange, á vez que anuncian que nas últimas horas pecharon un acordo coa empresa de telecomunicacións Wialink para garantir a continuidade dos servizos de ADSL e fibra óptica tras o cesamento do subministro por parte de Telefónica (detalle que a compañÃa non estaba a recoñecer publicamente durante a mañá, pese a existir unha resolución da CNMC que o indicaba claramente).
ACTUALIZACIÓN (22-6-2018): Ocean’s Network vén de difundir un comunicado asegurando que están a realizar os traballo de reconfiguración da súa rede para permitir a restauración dos servizos de Internet e avanza que compensará economicamente aos clientes que se viran afectados polos cortes no servizo da Internet.