Telefónica e Iberia Small Cells unen forzas para dotar de cobertura móbil 5G o Centro Comercial Vialia Estación de Vigo

xoves, 13 de novembro do 2025 S. P.

O Centro Comercial Vialia Estación de Vigo xa conta con cobertura móbil 5G de alta capacidade para os clientes de Movistar, tras ser Telefónica a primeira operadora en conectarse ao Sistema de Antenas Distribuídas (DAS) despregado no centro comercial por Iberia Small Cell Networks (ISC), provedor de servizos de infraestrutura para redes móbiles.
Emporiso, a conexión de Telefónica á rede interior mellorou a experiencia das persoas usuarias con cobertura 5G de Movistar tanto nos espazos comerciais comúns como no interior dos locais, influíndo isto nunha mellora de cobertura e capacidade na transmisión de voz e datos.
Vialia Vigo, operado por Nhood, é un dos centros comerciais pioneiros en España en dispor no seu interior dun sistema DAS multioperador con tecnoloxía 5G.
Que é un Sistema de Antenas Distribuídas (DAS)? Trátase dunha rede de antenas separadas que comparten unha fonte de sinal central para mellorar a cobertura e a capacidade de redes sen fíos en áreas con gran concentración de usuarias e usuarios. Estes sistemas son importantes en edificios grandes, estadios, aeroportos, túneles e como neste caso en centros comerciais para achegar unha boa conectividade, mesmo en interiores.