Telefónica e Vodafone España compartirán rede de fibra

martes, 30 de xullo do 2024 Redacción

Tras o posible acordo de creación dunha sociedade de fibra compartida entre MasOrange e Vodafone España, que daría cobertura a preto de 11,5 millóns de instalacións en España, anuncian agora un novo acordo de intencións entre Vodafone España e Telefónica España para crear outra sociedade conxunta para compartir rede de fibra óptica até o fogar, cubrindo aproximadamente 3,5 millóns de unidades inmobiliarias.
Este acordo permitiría maximizar o uso da rede FTTH actual por parte de ambas partes, e a sociedade resultante, FibreCo, daría servizo a ambas operadoras de telecomunicacións.
Como acontece co acordo entre MasOrange e Vodafone España, desta volta tamén estarán prevén a incorporación dun investidor financeiro no capital da nova entidade de fibra.
A operación proposta está suxeita ao acordo final entre as partes e ás autorizacións regulatorias pertinentes, prevéndose a súa materialización a primeiros de 2025.