Telefónica e o Banco Sabadell colaboran para ofrecer un novo servizo de Instant Banking

mércores, 30 de maio do 2007

Telefónica e do Banco Sabadell veñen de asinar un acordo de colaboración encamiñado a aplicar as novas tecnoloxías no desenvolvemento do concepto denominado Instant Banking, que consiste en situar a prestación do servizo bancario -de xeito simultáneo-, onde queira que o cliente o precise, así como en afacer o propio servizo bancario ás súas necesidades, reducindo os tempos de tramitación.
Os usuarios desta nova ferramenta poderán obter resposta inmediata ás súas consultas bancarias a través da canle que prefiran (televisión, e-mail ou teléfono móbil) e poderán recibir información en liña, personalizada e adaptada ás súas necesidades.

PUBLICIDADE