Telefónica equipará á Confederación de Empresarios de Pontevedra co seus máis avanzados servizos

luns, 3 de maio do 2021 S. P.

Telefónica e a Confederación de Empresarios de Pontevedra veñen de xuntar forzas para mellorar o servizo da entidade ás empresas e á cidadanía. Trátase dun acordo que inclúe entre outras cousas a dotación dos máis avanzados recursos tecnolóxicos para as sedes da CEP en Vigo e Cambados, que tamén estarán protexidas con sistemas de Movistar Prosegur Alarmas.
Formalizaron a alianza o director do Territorio Norte da operadora, Manuel Ángel Alonso, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros.
O acordo, amais das melloras nas ditas sedes, converterá á compañía de telecomunicacións en fornecedora de todos os servizos de datos, telefonía fixa e móbil, ademais de implementar na organización empresarial os servizos web e tecnolóxicos máis avanzados.
Telefónica, ademais da telefonía móbil e fixa, dotará ás oficinas da CEP con, en palabras da operadora, “os sistemas de dixitalización máis avanzados do mercado”, como por exemplo hospedaxe para aloxamento de dominios web, unha liña de fibra exclusiva de alta capacidade para a realización de cursos de formación en alta resolución, backup ou copia de alta seguridade na nube ou unha central dixital de última xeración.
Amais, Telefónica porá a disposición da organización empresarial o seu sistema O teu Experto Tecnolóxico Avanzado, polo que todos os empregados da CEP terán unha atención personalizada para resolver calquera tipo de dúbida, incidencia operativa ou consulta funcional as 24 horas do día, 7 días á semana, os 365 días do ano.

PUBLICIDADE