Telefónica podería priorizar a marca Movistar para designar aos seus servizos
xoves, 15 de abril do 2010
Dende ADSLzone.net comentan que a partires do 1 de maio en Telefónica produciranse cambios coma que os teléfonos 609 e 1485 pasarán ao 1004 para dar servizo de atención telefónica aos clientes de comunicacións fixas e móbiles e a marca de ADSL de Telefónica pasará a chamarse Movistar banda ancha, mentres que o servizo Triple Play Imagenio responderá o nome de Movistar Televisión.