Telefónica pon data ao peche da súa rede de cobre
mércores, 19 de abril do 2023
Telefónica
anunciou hoxe a CNMC o peche das últimas 3.329 centrais de cobre, que completará
o 100% do proceso de apagamento do cobre en España, avanzando asà na
transformación da súas infraestrutura fixa para convertela completamente en
fibra ata o fogar en 2024, coincidindo co centenario da operadora.
O apagamento de centrais de cobre iniciouse en 2014, o dÃa no que Telefónica
celebraba o seu 90 aniversario, e agora fixan no 19 de abril de 2024 a data de
culminación da transición das redes de cable baseadas en par de cobre a fibra,
o que supón unha mellora de prestacións e un aforro do consumo enerxético.
Cómpre salientar que o apagamento do cobre (ou sexa, o adeus ás liñas de ADSL)
será efectivo para todos os clientes minoristas, que poderán gozar dunha rede
de altas prestacións.
