Telefónica será o provedor de servizos móbiles de Fujitsu en Europa
venres, 11 de marzo do 2011Fujitsu, o cuarto maior
provedor global de servicios TIC en todo o mundo, vén de seleccionar a
Telefónica como responsable das comunicacións móbiles de voz e datos da
compañía en Europa durante os vindeiros 4 anos.
O contrato, asinado
recentemente, implica a provisión de servizos móbiles a 30.000 conexións en 15
países, e conta para o seu desenvolvemento con 30 millóns de euros.
Os seus precursores,
califican este convenio como “un logro significativo”
posto que máis do 60 por cento destas conexións migrarán á rede da operadora
nacional.
Telefónica Multinational
Solutions será, xa que logo, a unidade responsable tanto da xestión e
desenvolvemento integral do servizo ao cliente como do servizo post-venda nos
países que cubre o acordo, funcións que realizará a través da coordinación coas
unidades de negocio locais de Telefónica e cos socios pertinentes dos distintos
países.
Segundo informan, Fujitsu
apostou por Telefónica debido “á súa
oferta de servizos centralizados e pola súa capacidade de xestión con
operadoras locais en países clave para as operacións da compañía xaponesa”.
Malia que o acordo tamén
inclúe países onde non opera Telefónica, Fujitsu confía na compañía española
para obter “unha maior eficiencia,
mellora na calidade do servizo e as conseguintes economías de escala”, ao
tempo que, segundo engaden, “a expansión
futura destes servizos no resto de países nos que opera”.
O responsable de vendas de
Telefónica Multinational Solutions, Simon Lee-Smith, mostrou a súa satisfacción
pola sinatura do acordo e puxo de manifesto que a compañía que representa “é un xogador forte no mercado, que conta coa
capacidade de mobilizar recursos en todo o mundo”, xusto á medida do que a
compañía nipona andaba a buscar.