Telegram pecha 2024 cun balance económico positivo

martes, 24 de decembro do 2024 Marcus Fernández

Durante anos Telegram era un servizo claramente deficitario, sen modelo de negocio, que acumulaba perdas millonarias, pero a última publicación de Pavel Durov en X sorprende ao asegurar que «Telegram é agora rendible», detallando que o número de subscritores de Telegram Premium triplicáronse até superar os 12 millóns, á vez que tamén melloraron os ingresos publicitarios.
Durov comenta que os ingresos de Telegram en 2024 superaron os 1.000 millóns de dólares, e pecharán o ano con máis de 500 millóns de dólares de caixa, sen incluír os seus activos en criptodivisas.
Nos últimos 4 anos Telegram contraeu unha débeda de 2.000 millóns de dólares, dos que aseguraron ter devolto unha parte significativa o pasado outono, e aínda que esta información non destaque pola súa transparencia, a mensaxe de Durov parece clara, insistindo na viabilidade económica de Telegram pese á súa independencia.