Telegram permite a verificación de terceiros
xoves, 2 de xaneiro do 2025
Telegram quere comezar o ano con novidades do máis variado, como agasallos coleccionables, filtros de busca de mensaxes, reaccións a mensaxes de servizo, emojis personalizados nos nomes dos cartafoles e, como novidade máis relevante teriamos a posibilidade de que personaxes públicos e organizacións poidan verificarse por parte de terceiros.
Até o momento o mecanismo de verificación limitábase a un procedemento oficial realizado directamente por Telegram, para que os usuarios puideses saber cando están ante contas auténticas, axudando a previr calotes e reducir a desinformación, pero agora o sistema de verificación amplÃase, de xeito que será posible crear servizos oficiais de terceiros para asignar iconas de verificación adicionais, de xeito que se un chat ou unha conta recibe a súa verificación, presentará un pequeno logotipo antes do seu nome e, se abrimos o perfil correspondente, veremos unha explicación sobre o que significa tal verificación. Deste xeito Telegram ofrecerá verificación de figuras públicas e organizacións, pero os terceiros poderán servir para indicar que unha conta é verÃdica con criterios máis especÃficos (por exemplo, indicando que pertence a unha comunidade cientÃfica, a unha organización ou a un grupo de interese).