Telegram permite proxectar vÃdeo a dispositivos Chromecast
xoves, 20 de marzo do 2025
AÃnda que Telegram parece ir na senda da legalidade, colaborando coas autoridades achegando información dos infractores das súas normas, continúa a ser unha plataforma na que proliferan moitos contidos piratas, que van dende música até software, pasando polo vÃdeo, o que está a causar certa preocupación por mor da actualización da aplicación publicada este mesmo mes, que incorpora compatibilidade con receptores Chromecast dende Android.
Agora, cando atopemos un vÃdeo en Telegram para Android, podemos premer na icona de axustes e seleccionar a opción Chromecast para proxectar o vÃdeo a un dispositivo Chromecast ou televisor compatible, para poder gozar do contido dun xeito cómodo e sen ter que recorrer a outros servizos, o que pode disparar a piraterÃa audiovisual a través desta aplicación (por facer demasiado doada a reprodución de pelÃculas e series de televisión sen contratar plataformas de streaming de pagamento).