Televés pon en xogo un equipamento para solucionar nos nosos fogares o problema do fading
mércores, 29 de xuño do 2022
A
empresa galega Televés, referente mundial en equipamentos de
telecomunicación e eSaúde, vén de compartir detalles sobre unha
tecnoloxía de seu encamiñada a liberar os nosos fogares dun
problema no sinal de televisión que acada especial intensidade
durante o verán: o fenómeno coñecido como fading. A
tecnoloxía de Televés non é outra que a antena Ellipse, “a
mellor solución á hora de mitigar os desmaios de sinal dos nosos
televisores”, segundo explican fontes da empresa de Santiago,
engadindo que se trata dun problema que afecta “a máis de 18
millóns de españois, case o 40% da poboación do país,
especialmente en zonas costeiras”. Esta incidencia, por certo, vaia
a máis a medida que recrúan as vagas de calor.
Os
desmaios de sinal
Televés
explica que “cando falamos de desmaios non facemos referencia aos
sufridos polos sectores da poboación máis vulnerábeis ás
condicións climatolóxicas, senón ao fading do sinal de
televisión”. Trátase, engade a empresa, “dun fenómeno
especialmente habitual nas zonas costeiras, onde a calor e a humidade
golpean con especial severidade, pero que pode darse en calquera
punto onde as condicións do medio de propagación sufran alteracións
que provocan que a sinal se deteriore”. O termo, proveniente do
inglés, significa desmaio e fai referencia aos problemas de
recepción de canles que fan que a calidade do sinal de TDT sufra
unha degradación. Degradación que provoca que non podamos ver as
canles.
Un
fenómeno especialmente doloso en zonas costeiras
Nas
zonas costeiras, a causa da calor estival, evapórase unha gran
cantidade de auga. Isto, xunto ás altas temperaturas en si mesmas, a
humidade e as mareas, altera as condicións do medio de propagación,
xerando condicións diferentes entre os tramos terrestres e os
mariños. “Este efecto”, sinala Televés, “é especialmente
perentorio nas zonas sur e sueste de España, debido á gran potencia
coa que emiten algúns transmisores da zona de Marrocos, causando
interferencias na banda de frecuencias da TDT”. Esta disparidade
nas condicións de propagación fai que o sinal se deteriore e
degrade; un efecto que perdura mesmo de noite, cando os receptores
domésticos continúan con graves problemas debido á maior
intensidade dos sinais procedentes dos emisores máis afastados
(ecos) por mor da mellora nas condicións de propagación.
Ellipse
de Televés
Televés
desenvolveu a última xeración da antena Ellipse, con tecnoloxía
BOSS Tech que inclúe, en palabras da empresa, “o revolucionario
circuíto electrónico T-Force e un filtro SAW de alto rexeitamento
ante interferencias”. E engade: “Esta antena é moi directiva e
está especialmente deseñada para filtrar e axustar automaticamente
o sinal e liquidar moitos dos problemas xerados polo efecto fading,
constituíndose Ellipse como a solución perfecta para todo
profesional preocupado por ofrecer a máxima calidade nos seus
proxectos de instalación”. A compañía de equipos de
telecomunicación asegura, de feito, que se trata da “solución con
mellores prestacións para mitigar estes fenómenos”.
Amais,
fai saber que o rendemento da antena Ellipse vén avalado pola
realización de diversos estudos tanto previos como posteriores ao
seu desenvolvemento. “Nas medicións realizadas, a antena demostrou
a súa alta capacidade para minimizar o impacto dos ecos e absorber
as grandes fluctuacións nos sinais causados polo fading,
mellorando en consecuencia a calidade do sinal de forma notábel”,
sinala Televés, engadindo que Ellipse ofrece “bos resultados mesmo
en modo pasivo, mellorando os doutras antenas do mercado”. Porén,
apunta, “a verdadeira intelixencia da antena actívase cando se
alimenta con 12 ou 24 voltios; aí é cando a tecnoloxía BOSS Tech
brilla realmente, con incrementos de potencia de sinal de máis de
10dBs, sen afectar a calidade de niveis MER-BER no devandito sinal”.