Televés potencia a eficiencia lumínica das oficinas de Correos de Suecia e Dinamarca
martes, 2 de agosto do 2022
A
empresa compostelá Televés deu novos e importantes pasos no seu
espallamento internacional e na súa consolidación mundial como
firma referencial do sector da nova enerxía (máis sustentábel,
eficiente, rendíbel, automatizada e intelixente). Segundo informou a
compañía galega de tecnoloxías de telecomunicacións e eSaúde,
vén
de dotar os novos edificios de PostNord AB (operador de servizos
postais nos países nórdicos) en Ljunby e Norrköping dunha
infraestrutura de iluminación eficiente. O operador postal
valorou o soporte técnico e capacidade de simulación virtual do
proxecto que presentou Televés, con subministro integral de torres,
farois e luminarias.
PostNord
AB
PostNord
AB é un provedor de servizos postais que opera principalmente nos
países nórdicos. A pesar da súa recente creación no ano 2009,
está a consolidarse como líder no seu sector grazas a que fusionou
aos provedores de servizos postais daneses Post Danmark A/S e suecos
Posten AB.
Segundo
informa Televés, a compañía de propiedade estatal sueca ao 60% e
danesa ao 40% é un exemplo de xestión internacional, con paridade
de dereitos de votación ao 50%. Nas últimas décadas, a explosión
de Internet e o maior manexo de plataformas dixitais significou unha
diminución notábel de máis do 86% na cantidade de cartas físicas
enviadas, o que obrigou a evolucionar a súa estratexia de negocio
para centrarse máis na entrega de paquetes, afectada en datas
vindeiras polo aumento do volume de comercio electrónico.
Os
novos edificios de Ljunby e Norrköping
Para
mellorar a eficiencia loxística dentro da súa estratexia de
negocio, PostNord construíu dous novos centros loxísticos, que
tamén necesitaban a solución máis eficiente para iluminar o
exterior das naves e a zona de seguridade e acceso. Para iso Televés
ofreceu unha gama completa de solucións, afíns a cada necesidade.
Entre elas destacan as luminarias AtmosLED para as contornas
perimetrais e zonas de estacionamento e os proxectores Flex para
zonas de entrada e maior tránsito. “A gran particularidade de este
este mercado é que pola súa localización xeográfica necesitan
máis de 20 horas diarias de proxección de luz artificial durante os
períodos invernais, pero só dispoñen dun par de horas ao día de
escuridade nos períodos estivais”, lembra a empresa de Compstela,
recordando tamén que éste é o quinto proxecto que desenvolve
Televés para o seu cliente Elajo, quen desde o primeiro momento
agradeceu a cooperación da oficina técnica nas fases de definición
das necesidades, con estudos específicos para cada área ou zona a
iluminar. Segundo Christopher Flotow, prescriptor de iluminación de
Televés Escandinavia, “este mercado valora que acompañes ao
cliente en todas as fases do proxecto, coa facilidade que ofrece
Televés ao entregar a solución completa, desde as torres e soportes
até os farois e luminarias, cunha vocación de servizo e unha
cualificación técnica que transmite confianza e afianza as
relacións a longo prazo”.
Televés
despregou para ambos os edificios 14 torres de até 18m de altura,
onde foron habilitadas case 100 luminarias cos seus respectivos
soportes, entre os que destacan os modelos de proxectores Flex con
soportes de cruceta e parede e as luminarias AtmosLED con soportes
verticais.