Televisor de 22 polgadas cunha PS2 integrada
venres, 3 de decembro do 2010
Sony vén de sorprender no Reino Unido ao comercializar
por 199,95 libras esterlinas (235,24 euros) o televisor BRAVIA KDL-22PX300,
que sorprende por integrar na súa base unha consola PlayStation 2, de xeito que
sirve tanto para xogar a centos de xogos para tal plataforma como para
reproducir películas en DVD.
O televisor ten unha pantalla de 22 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768
píxeles, conectores VGA, HDMI (4), euroconector, saídas de audio analóxico e
dixital, soporte de BRAVIA Internet Video, portos USB para a reprodución de
fotografías, música e vídeo, unhas medidas de 57,5 x 42,9 x 25,3 centímetros
(incluíndo a PS2) e un peso de 9,8 quilos, conformando o que podería ser un dos
televisores máis completos deste tamaño, aínda que coa defecto de non ser Full
HD.